Reloj Data e hora oficial:
[an error occurred while processing this directive]

Protección de datos

A Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), fixa unha serie de dereitos que calquera persoa física pode exercer perante calquera entidade no que respecta ao tratamento dos datos persoais, co fin de garantir o seu honor e intimidade tanto persoal como familiar: os dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición (ARCO).

 

De conformidade co establecido na devandita lei, informámolo de que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro titularidade de ADIF, cuxa finalidade é posibilitar o acceso aos servizos ofrecidos a través da súa sede electrónica no enderezo electrónico https://sede.adif.gob.es. ADIF, como responsable do tratamento destes datos, adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal proporcionados, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ADIF tratará estes datos conforme as condicións determinadas neste apartado. Así mesmo, infórmase que os usuarios poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición perante ADIF na forma legalmente prevista, mediante solicitude a través desta sede electrónica.