Reloj Data e hora oficial:
[an error occurred while processing this directive]

Información xeral

A entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) configúrase como un organismo público dos previstos no artigo 43.1.b) da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, adscrito ao Ministerio de Fomento a través da Secretaría Xeral de Infraestruturas. Goza de personalidade xurídica propia, plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins e patrimonio propio, e réxese polo establecido na Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario; na Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado; nas normas de desenvolvemento de ambas as dúas leis; neste estatuto e na lexislación orzamentaria e demais normas que lle sexan de aplicación. En defecto destas normas, aplicaráselle o ordenamento xurídico privado.

 

Seralle de aplicación a ADIF o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando exerza potestades administrativas e no relativo á formación de vontade dos seus órganos.

 

No exercicio das súas funcións, ADIF actuará con autonomía de xestión, dentro dos límites establecidos na Lei do Sector Ferroviario, no presente Estatuto e demais lexislación que lle sexa de aplicación, e tendo en conta, en todo caso, a garantía do interese público, a satisfacción das necesidades sociais coa máxima calidade, a seguridade dos usuarios e a eficacia global do sistema ferroviario.

 

Por esta razón, ADIF atópase dentro do alcance da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que garante o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos. Por unha banda, para as administracións, o cidadán convértese no eixe central da súa estratexia de prestación de servizos. Por outra banda, ao cidadán élle posible ver ás administracións como organismos máis uniformes, accesibles e orientados a responder ás súas necesidades.

 

Conforme a citada lei, as aplicacións e sistemas de información electrónicos utilizados permitirán a instrucción por medios electrónicos dos procedementos deben garantir a tramitación ordenada dos expedientes e facilitar a simplificación e a publicidade dos procedementos, de tal xeito que permita ao cidadán, de forma sinxela, acceder á información e servizos da súa competencia, presentar solicitudes e recursos e realizar trámites ou acceder ás notificacións e comunicacións que lles remita ADIF.

 

Con esta fin e conforme ao artigo 10 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, creouse a sede electrónica de ADIF, que é unha oficina virtual a través da que o cidadán ten acceso a toda a información e servizos en liña que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias pon á súa disposición en Internet de xeito actualizado para atender o dereito dos cidadáns de interactuar coa administración por medios electrónicos, tal como establece a referida lei.

 

Finalmente débese indicar que ADIF está traballando na mellora continua da prestación de servizos aos cidadáns, motivo polo que se están incorporando sucesivamente distintos trámites individualizados a esta sede electrónica.