• Inicio Sede Electrónica
  • Axuda
Reloj Data e hora oficial:
[an error occurred while processing this directive]

Guía de Navegación Básica

Como iniciar un trámite?

A través da Sede Electrónica pode iniciar un trámite de xeito electrónico ou descargar o correspondente formulario en PDF para cubrilo, imprimilo e presentalo de xeito presencial nun rexistro físico.

Quero iniciar o meu trámite de xeito electrónico

Para iniciar un trámite de xeito electrónico a través da Sede o primeiro que necesitará é un certificado electrónico.

  • Non teño certificado electrónico
    Se non ten un certificado electrónico, visite a páxina de axuda sobre a sinaturas e o certificado electrónico para saber como obter un e coñecer a relación de certificados admitidos por ADIF.
  • Teño certificado electrónico
    Se xa posúe un certificado electrónico, inicie o seu trámite desde a páxina principal da Sede Electrónica accedendo a Inicio novo trámite. Acceda ao trámite desexado. Se é a primeira vez que accede a unha aplicación da Sede Electrónica de ADIF desde o seu ordenador, descargarase e instalarase automaticamente un Applet de Java para poder realizar todos os procesos de identificación e sinatura. Cando complete este paso, siga as instrucións da aplicación para formalizar a súa solicitude. Ao finalizar o proceso, obterá un documento en formato PDF.

Como consultar os meus trámites na Sede Electrónica?

Ten a posibilidade de consultar os trámites iniciados.

  • Quero consultar os meus trámites iniciados
    Para consultar os seus trámites, acceda a Consulta dos seus trámites na Sede Electrónica, desde a páxina de inicio da Sede Electrónica. Antes de acceder á aplicación, requiriráselle que dispoña dun certificado electrónico (se ten dúbidas sobre o uso do certificado electrónico, consulte a axuda sobre a sinatura e certificados electrónicos). Unha vez validado o certificado, accederá a unha pantalla na que se amosarán todos os seus trámites iniciados ata o momento na Sede Electrónica de ADIF. Ademais, desde aquí poderá ter acceso de novo ao documento en PDF orixinal .
  • Quen pode realizar a Consulta dos seus trámites?
    A consulta dos seus trámites é unha xestión de carácter nominal, é dicir, só a pode realizar o mesmo cidadán que iniciou o trámite autentificándose co seu correspondente certificado electrónico ou, no seu caso, o seu representante (se foi este o que iniciou o seu trámite).