• Inicio Sede Electrónica
  • Axuda
Reloj Data e hora oficial:
18/09/2021 21:56:07

Que é a Sede Electrónica?

Conceptos básicos

A Sede Electrónica é unha oficina virtual que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias pon en funcionamento en Internet para atender o dereito dos cidadáns de interactuar coa Administración por medios electrónicos, tal como establece a Lei 11/2007.

Fundamentos da Sede Electrónica

As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) están revolucionando a forma en que as persoas e as empresas se comunican entre si. Neste contexto, as Administracións Públicas, comprometidas co seu tempo e co principio de eficacia que enuncia o artigo 103 da Constitución Española, están adaptándose paulatinamente a estes cambios para poder ofrecer aos cidadáns as vantaxes e posibilidades desta nova forma de comunicación.

 

Vantaxes de usar a Sede Electrónica

As TIC posibilitan un achegamento entre a Administración e os cidadáns, de tal xeito que, desde o seu propio fogar ou lugar de traballo, poden realizar o mesmo trámite que antes facían de forma presencial, aforrando desprazamentos e tempos de espera. Ademais, a Sede Electrónica permite usar as aplicacións dispoñibles os 365 días do ano as 24 horas do día (non obstante, ten que ter en conta que a recepción en días non hábiles enténdese efectuada o primeiro día hábil seguinte. Consulte o calendario de días non hábiles).

 

Seguridade da Sede Electrónica

Desde a súa chegada á Sede Electrónica de ADIF (https://sede.adif.gob.es/) está navegando nunha conexión segura (toda a información entre vostede e a Sede viaxa 'encriptada ou cifrada'). Ademais, o acceso mediante certificados electrónicos garante a identidade da persoa e protexe o tráfico de datos.

 

Pode consultar o apartado sobre Seguridade da sinatura electrónica